sábado, 13 de diciembre de 2014

O NADAL

Acércase o Nadal,  no colexio estase a celebrar o concurso de postais e as aulas e corredores están adornados para a ocasión. Mirade no enlace sobre as tradicións navideñas: Papa Noel, Reis Magos, Ano Vello, a árbore, o Belén...
Entregáronse os premios do concurso de monstros, no que as gañadoras foron Ainara Rey Prego (1º) e Irene García Méndez (2º). No de Postais de Nadal gañaron Icía Ares Betanzos (1º) e Julia Muñiz Barreiro (2º). Parabéns!!!



sábado, 29 de noviembre de 2014

ACTIVIDADES EN NOVEMBRO

Ao longo do mes, realizamos visitas á biblioteca Miguel González Garcés. Elena, a bibliotecaria,  contounos preciosas historias e ensinounos a sala infantil. Foi xenial!!
O venres, día 14, celebramos o magosto por todo o alto, con grupo musical e todo. Velaquí vos quedan as fotos.O magosto on PhotoPeach Biblioteca Miguel González Garcés on PhotoPeach

martes, 18 de noviembre de 2014

viernes, 7 de noviembre de 2014

HORA DE LER

Hoxe fomos á biblioteca, onde dúas compañeiras de 5ºA contáronnos o conto Mi abuela Amanda. Gustounos moito. Que bonitas historias contan os libros!!

Conto na biblioteca on PhotoPeach

viernes, 31 de octubre de 2014

CELEBRACIÓN NO COLEXIO

Este curso celebramos o Samaín con exposición de cabazas, concurso de debuxos de monstros, adornos terroríficos en portas e corredores... Que medo!! SAMAÍN on PhotoPeach

domingo, 26 de octubre de 2014

CHEGA O SAMAÍN


Chegou o outono, que nos trae moitos cambios: noites longas, choiva, vento, follas que caen...Tamén é tempo do Samaín. Nestes enlaces podes coñecer máis sobre as tradicións desta festa, xogar e aprender cancións.



Libros para ler no Samaín  







jueves, 23 de octubre de 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro celébrase o día das Bibliotecas. Xa coñecemos e empregamos a do colexio e en datas próximas visitaremos a biblioteca Miguel González Garcés, onde faremos varias actividades e pasarémolo xenial!!

MATEMÁTICAS

Os de primeiro estamos practicando cos números e aprendendo a sumar. Divírtete e aprende nestes enlaces.

viernes, 10 de octubre de 2014

BIBLIOTECA

Hoxe tocounos aos de primeiro ir á biblioteca onde tres alumnas de 5º curso contáronnos un divertido conto: "Dani y los dinosaurios en el museo". Pasámolo xenial. Que atentos estades nas fotos!!! Conto na biblioteca on PhotoPeach

miércoles, 8 de octubre de 2014

OS DE PRIMEIRO

Xa estades en primaria e, aínda que sodes os máis pequenos, xa sabedes facer moitas cousas e ides aprender moitas máis ao longo do curso. Que ben quedastes nas fotos!!!


                                                                 
                                                                        1º A on PhotoPeach 1º B on PhotoPeach 1º C on PhotoPeach

domingo, 5 de octubre de 2014

CHEGOU O OUTONO

Preme nos enlaces e aprende o que pasa no outono, escoita a preciosa música de Vivaldi e tamén mira e escoita o conto: Chegou o outono.





domingo, 21 de septiembre de 2014

COMEZOU O CURSO

Un saúdo neste curso que acaba de comezar. Sabemos que estades moi ledos por volver a estar no colexio cos compañeiros, coas compañeiras e coñecendo aos que chegaron novos. Sobre todo os de 1º que empezan unha nova etapa cheos de ilusión. Para eles quedan estes enlaces para xogar e cantar.



miércoles, 11 de junio de 2014

PROXECTO FROITA FRESCA

Ademais de comer moita froita durante dúas semanas, os nenos e nenas de 1ºB aprendimos un lote de cousas e traballamos con moita información que buscamos en internet (propiedades das froitas, nome das froitas en varios idiomas ...).

Fixemos un montón de fichas...












... para montar este estupendo mural.







Tamén traballamos con adiviñas nos nosos cadernos e sopas de letras.





miércoles, 4 de junio de 2014

XOGAMOS COAS "MATES"

Aquí vos deixo unhas actividades moi divertidas para que traballedes coas matemáticas. Pasádeo ben.




                                                  Bertín matemático






                                                                                  Pincha-globos-Sumas-y-Restas

martes, 3 de junio de 2014

PLAN PROXECTA "GÚSTANOS A FROITA"


O noso cole está a participar nun "Plan proxecta" relacionado coa boa alimentación.
Durante dúas semanas estamos a merendar distintos tipos de froitas na clase.
A algúns de nós non nos gustan determinadas froitas, pero facemos un esforzo e comemos un pouquiño tal e como nos pide a profe. Cando a froita nos gusta moito, ata repetimos.
Estamos moi content@s con este proxecto e cando algún de nós acaba toda a froita que non nos gusta, aplaudimos a rabiar.
Mirade que felices estamos.

RIQUÍIIIIIISIMA FROITA on PhotoPeach

jueves, 29 de mayo de 2014

COÑECEMENTO DO MEDIO

Os de segundo estamos a estudar o tema dos animais. Como sei que vos gusta moito, aquí deixo uns enlaces para aprender e xogar.